Museo - Placas de cristal

Placas de cristal

O aparello que está á nosa esquerda, era coñecido como a “Lanterna máxica” ou máis tecnicamente como epidiascopio. Foi o antecedente do proxector de diapositivas e, a imaxe, correspóndese con un dos varios instrumentos que posúe o IES LUCUS AUGUSTI que, neste caso funcionaba cunha lámpara de aceite.

Xunto xon el, o noso centro conta tamén cunha colección de arredor de, aproximadamente, mil placas de cristal (antecedente das diapositivas) que eran as que se empregaban co devandito proxector como método didáctico nas clases de antano. A seguir, podemos ver, dixitalizadas, as diferentes series que forman parte da nosa colección. Malia que algunhas delas están en mal estado, tamén foron incluídas polo polo seu interese.

Ao remate das coleccións incluímos un conxunto de negativos e positivos en cristal. Os positivos en tono azulado son conseguidos coa manipulación en Photoshop, para, deste xeito,  poder contempla-la imaxe negativizada.


Para ver cada colección por separado, faga clic sobre a imaxe correspondente ou ben sobre o título da colección: