O seguinte folleto, Respuesta obligada: Carta abierta al Sr. D. José Antonio Aguirre por el Emmo. Sr. Dr. D. Isidro Gomá Tomás, Cardenal arzobispo de Toledo, é un importante documento histórico escrito pouco despois do comezo da Guerra civil española, e no que o Primado de España (literalmente, a máxima autoridade da Igrexa española), insta ao lehendakari vasco, José Antonio Aguirre, a que cese o seu encadramento coa Fronte Popular e cese no seu apoio a República.
Un dos motivos foi que con ese apoio ráchase a idea de “cruzada” promocionada, especialmente, polo propio Gomá, coa que se quixo enaltecer a sublevación militar que deu comezo á guerra. No País Vasco, malia ser asasinado algún cura nos primeiros momentos, non houbo queima de igrexas ou de conventos, e o culto católico seguiuse practicando con total normalidade. Curiosamente, as forzas sublevadas, cando ocuparon a zona, si asasinaron a varios curas por apoiar o que eles entendían como “separatismo”.
Cómpre ler o folleto con atención porque como se dixo, é unha fonte de primeira orde e onde aparecen moitas das claves da posterior relación entre a Igrexa e o estado franquista.
Autor: Isidre Gomá Tomás, Cardeal arcebispo de Toledo, Primado de España.
Lugar: Pamplona.
Imprenta: Gráficas Bescansa.
Data: 1937
Para acceder ó libro, preme sobre a imaxe, sobre o Flip ou o PDF.
Para ver: FLIP
Para descargar: PDF
One comment on “Carta abierta al Sr. D. José Antonio Aguirre por el Emmo. Sr. Dr. D. Isidro Gomá Tomás (1937)”