• Las Nacionalidades - Publicacións periódicas

    Las Nacionalidades

    Fundada por Alejo García Moreno, profesor de Historia na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Central (antigo nome da Complutense). Republicano federalista, krausista e amigo de Joaquín Costa, ademais de ser creador e director doutras publicacións relacionadas co Dereito, entre 1880-1882 dirixe esta revista. Hai constancia indirecta da publicación de 57 números dende o 20 de novembro de 1880 até xaneiro de 1882, aínda que non se conservan na súa totalidade. A parte da nosa colección, só temos constancia doutra colección da revista: na Biblioteca Virtual de Madrid, se ben a súa colección remata no número 46, mentres a nosa chega até o 51.…