Esta é a páxina principal da Biblioteca Histórica do IES Lucus Augusti (BHLA)
Gran parte dos fondos forman parte do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia, do cal o noso Instituto é un dos principais fornecedores de fondos e o maior, con diferenza, entre os Institutos de Educación Secundaria de Galicia. Pódense consultar tódolos fondos premendo aquí.
Nesta páxina, pódese acceder a aqueles fondos que temos dixitalizados ou están en proceso de dixitalización e que se ofrecen para a súa consulta libremente baixo a seguinte licenza Commons Creative:
En sentido amplo, hai tres tipos de fondos que se poden atopar na nosa Biblioteca Histórica e que están en proceso de dixitalización:
- Libros, dos cales hai poucos dixitalizados dada a súa dificultade e traballo.
- Folletos. Están dixitalizados unha parte pequena e podemos atopar algúns moi significativos da nosa historia
- Publicacións periódicas. Hai unha lista moi ampla e a súa dixitalización é na que está avanzando máis. Porén segue sendo moi limitado, aínda, o número de títulos completamente dixitalizados.